PROXECTO


Esta empresa participa no Programa Galicia Exporta Empresas 2016

Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Programa Galicia Exporta Empresas 2016

Como apoio ao proceso de internacionalización, VIGO FRESH PORT, S.A., ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Empresas 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo.”
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa

O obxectivo principal do Programa Galicia Exporta Empresas 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

PROXECTO

VIGO FRESH PORT

Proxecto de Investimento para Actuacións de difusión mediante o deseño, desenrolo e implantación de páxina web e tenda online financiado mediante Axudas do IGAPE para a execución de Accións de Promoción Exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

Título do proxecto:

Redeseño e implantación de novas tecnoloxías para páxina web con plataforma de venta online basada en plataforma de intercambio.

Breve descrición do proxecto:

Reinxeñería da páxina web con inclusión de idioma inglés, ferramentas de programación que mellores posicionamento nos buscadores e mercados internacionais. Inclusión de tenda virtual basada no concepto de plataforma de intercambio de información, se definiu de modo que poderán intercambiarse ordes de compra, pedidos, facturas, ofertas, verificación da trazabilidade, tracking, etc.... entre cliente e provedor de xeito que con un click, se poda ter acceso a toda información relacionada coa operación dende calquera parte do mundo e sen a necesidade de ter que manter comunicacións polos medios usuais e tradicionais logrando unha accesibilidade a información tan importante neste sector.

Obxectivo do proxecto:

Modernizala imaxe da empresa, incrementar o valor da empresa no eido internacional e que sexa máis visible nos países obxectivo e incrementar o nivel de vendas globais da empresa.

Priorizalo contenido da web mediante o uso de información novedosa prestando atención as palabras clave.

Creación dun código HTML accesible para poder retener os usuarios grazas a usabilidade e rapidez.

Facilidade para a actualización da información existente na páxina para poder realizar melloras que favorezan o posicionamento.

En definitiva, o que se pretende é mellorala visibilidade da páxina web adaptándose ás variacións dos algoritmos de búsqueda para poder incrementar o número de visitas e de potenciais clientes.